Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de reintegro das subvencións concedidas ao expediente TR352B 2010/5-0 e dous máis, regulados na Orde do 10 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 54, do 22 de marzo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás entidades relacionadas no anexo as resolucións ditadas nos expedientes de reintegro das subvencións concedidas.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpor contra ela recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderá interporse recurso de reposición, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos para presentar os recursos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

Entidade: Asociación de Empresarias de Pontevedra.

Enderezo: avenida García Barbón 104-1º, 36201 Vigo, Pontevedra.

Nº de expediente: TR352B 2010/5-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de expediente de reintegro.

Data do acto: 17 de abril de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da citada Orde do 10 de marzo de 2010 e artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 2.528,61 €.

Entidade: Cámara Oficial de Comercio de Lugo.

Enderezo: avenida Ramón Ferreiro 18, 27002 Lugo.

Nº de expediente: TR352B 2010/54-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de expediente de reintegro.

Data do acto: 29 de setembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da citada Orde do 10 de marzo de 2010 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 715,64 €.

Entidade: Fundación Instituto Estudios Políticos e Sociais.

Enderezo: rúa Juan Flórez 109-113, local 7 baixo, 15005 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2010/839-0.

Acto que se notifica: resolución do expediente de reintegro.

Data do acto: 30 de xuño de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da citada Orde do 10 de marzo de 2010 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 34,34 €.