Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 19 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publican diversas resolucións de recursos de alzada ditadas por esta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante, RXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións das resolucións dos recursos de alzada presentadas polas persoas que se citan no anexo, publícanse mediante este edicto as notificacións das ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa; contra as cales se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Infórmase a estas persoas que se citan no anexo que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE) e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992 (RXAP-PAC), poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 31), en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Vigo, 19 de xaneiro de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución

Data da resolución

Bilea s/s, Victor

Y3338554A

36057/0715/14R

Recurso de alzada desestimado

1.6.2015

Chifor s/s, Crina

Y1703918T

36057/0640/14R

Recurso de alzada desestimado

18.5.2015

El Mounadil s/s, Najat

X5797213V

36039/1039/10R

Recurso de alzada desestimado

15.9.2015

Manzano Quintela, Rodrigo

36147037F

36057/0483/14R

Recurso de alzada desestimado

10.9.2015

Rodríguez Arango, Ferdinán Enrique

39496163B

36057/0138/14R

Recurso de alzada desestimado

10.9.2015