Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (349/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 349/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Gregorio Amor Castro contra Prefabricación y Montajes del Norte, S.A., Metálicas Soutelo, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 18 de decembro de 2015.

María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 349/2013, en que son parte, dun lado como demandante, José Gregorio Amor Castro, asistido polo letrado Sr. Pena Díaz e, doutro, como demandada, a empresa Prefabricación y Montajes del Norte, S.A. asistida e representada polo letrado Sr. López Núñez, a entidade Metálicas Soutelo, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Resolución:

1º. Estímase a demanda formulada por José Gregorio Amor Castro fronte a Metálicas Soutelo, S.L. e, en consecuencia, condénase a Metálicas Soutelo S.L., a aboar ao demandante a cantidade de catorce mil cento dezaseis euros con sesenta e un céntimos (14.116,61 €).

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

2º. Desestímase a demanda presentada por José Gregorio Amor Castro fronte a Prefabricados y Montajes del Noroeste, S.A. e absólvese a demandada das pretensións formuladas contra ela.

Notifíquese a resolución ás partes.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncia, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Metálicas Soutelo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

A secretaria xudicial