Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2728

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1389/2013).

Eu, Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de exequátur, seguidos ante este xulgado entre partes, como demandante Antonio Jesús Pais Guerra, representado pola procuradora Sra. Acosta Valladares e defendido pola letrada Carmen Fátima Buján Pérez, e como demandada Carina Valeria Quiroz, e nos cales se ditou o seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: María del Carmen Salvador Mateos

Vigo, 23 de outubro de 2015

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Parte dispositiva:

Estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira exequátur presentada pola procuradora Betania Acosta Valladares, en nome e representación de Antonio Jesús Pais Guerra fronte a Carina Valeria Quiroz, debo declarar e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza ditada o 3 de maio de 2000 polo Tribunal de Familia número 3 do Departamento Xudicial de Lomas de Zamora na cidade de Banfield (Arxentina), en que se declara o divorcio.

Unha vez notificada esta resolución, anótese no Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E encontrándose a demandada, Carina Valeria Quiroz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 5 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial