Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 1216/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1216/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra Complejo San Roque, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Dirección Provincial da Coruña, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

Vistos por María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social de reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 1216/2013, seguidos por instancia da mutua Mutual Midat Cyclops, representada pola letrada Blanca Fernández-Chao, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representadas pola letrada Ana Pardo Costas e contra a entidade Complejo San Roque, S.L, que non comparece, sobre reintegro de prestacións anticipadas,

Decisión:

Que, estimando a demanda presentada pola mutua Midat Cyclops, debo condenar e condeno a empresa Complejo San Roque, S.L. a que lle reintegre á mutua a cantidade de 725,92 € en concepto de prestacións de incapacidade temporal e gastos sanitarios aboados ás traballadoras Diana Patricia Luengas Becerra e Natalia García Mata, con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social de reforzo da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Complejo San Roque, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

A secretaria xudicial