Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de aclaración de sentenza (483/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 483/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Pose Mata contra Volvoreta, S.A. sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Número de autos: procedemento ordinario 483/2013.

Demandante: Eva María Pose Mata.

Demandados: Volvoreta, S.A., Fogasa.

Auto:

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 23 de decembro de 2015.

Parte dispositiva:

Procede rectificar a sentenza ditada nos presentes autos o 18 de decembro de 2015, de tal forma que, no encabezamento, onde di: «A Coruña, 17 de setembro de 2015», debe dicir: «A Coruña, 18 de decembro de 2015».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación a Volvoreta, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de decembro de 2015

A secretaria xudicial