Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 415/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Otero Blanco contra Maderas Ameijenda, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
Número de autos: procedemento ordinario 415/2013.
Demandante: Marcos Otero Blanco.
Demandados: Maderas Ameijenda, S.L., Fogasa.
Auto:
Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.
A Coruña, 23 de decembro de 2015.
Parte dispositiva:
Procede rectificar a sentenza ditada nos presentes autos o 18 de decembro de 2015, de tal forma que, no encabezamento, onde di: «A Coruña, 17 de setembro de 2015», debe dicir: «A Coruña, 18 de decembro de 2015».
Contra esta resolución non cabe ningún recurso.
Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.
E para que conste e sirva de notificación a Maderas Ameijenda, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 23 de decembro de 2015
A secretaria xudicial