Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 212/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 212/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván López Miramontes contra Calefacciones Bello, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 588/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 212/2013

Demandante: Iván López Miramontes

Letrado: Sr. Corujo Martínez

Demandada: Calefacciones Bello, S.L.

A Coruña, 21 de decembro de 2015

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Iván López Miramontes fronte á empresa Calefacciones Bello, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 9.557,02 euros á conta de liquidación de haberes e salarios debidos, así como a aboar o xuro de demora do 10 %. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Calefacciones Bello, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de decembro de 2015

A secretaria xudicial