Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1354

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (270/2015).

ETX. Execución de títulos xudiciais 270/2015

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 321/2015

Sobre despedimento

Demandante: Celia Tubío Dosil

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira

Demandada: Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 270/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celia Tubío Dosil contra a empresa Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto do 18 de decembro de 2015 e decreto do 20 de decembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida, con data desta resolución, a relación laboral que unía a Celia Tubío Dosil coa empresa executada, e condeno esta a lle aboar á demandante 945,67 euros en concepto de indemnización e 5.552,96 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non procederse ao cumprimento desta resolución, continuará esta, por petición da executante, como execución monetaria polo importe total de 6.498,63 euros máis 649,8 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo, esta última cantidade, da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. pola cantidade debida de 6.798,63 euros de principal (945,67 euros de indemnización+5.552,96 € de salarios de tramitación) máis 649,8 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, para que no prazo de dez días a ingrese na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0270 15; se non paga no referido prazo, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución.

– Requirir a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non verificalo, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, á executada por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0270 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0270 15”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial»

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza