Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1357

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (39/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 23 de decembro de 2015, no proceso seguido por instancia de Antonio Casqueiro Davila contra Sequor Seguridad, Grupo Cetssa Seguridad, Proseman, Nordés Vigilancia, Umano Seguridad, rexistrado co número DSP 39/2013, se acordou notificar dilixencia de ordenación, con data do 3 de xullo de 2015, ditada no mencionado procedemento a Grupo Cetssa Seguridad, en ignorado paradoiro:

DSP Despedimento/cesamentos en xeral 39/2013

Demandante: Antonio Casqueiro Davila

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Sequor Seguridad, S.A., Proseman, S.L., Nordés Vigilancia, S.A., Umano de Seguridad, S.A., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o 3 de xullo de 2015.

O anterior escrito presentado pola parte demandante únase e confírase traslado da desistencia ás demandadas co fin de que no prazo de dez días manifesten a súa conformidade ou desconformidade con el, e fágaselles saber que, de non realizaren alegacións no prazo conferido, se entenderán conformes con el.

Unha vez devolta a notificación remitida á codemandada Umano de Seguridad, S.A., con resultado negativo por ausente na repartición, notifíqueselle a esta a presente resolución por medio de exhorto dirixido ao Xulgado Decano de Madrid e, simultaneamente e para o caso de que resulte en ignorado paradoiro, por medio de edictos que se inserirán no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 6.10.2015.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que lle sirva de notificación a Cetssa Seguridad, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia y colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

A secretaria xudicial