Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (153/2015).

Eu, Belén Pereira Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 153/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Soralla María Fernández Portas contra Rosa Ángeles Fernández Barroso, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva acorda:

a) Declarar a executada Rosa Ángeles Fernández Barroso en situación de insolvencia por importe de 22.832,36 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rosa Ángeles Fernández Barroso, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de decembro de 2015

A secretaria xudicial