Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1352

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO (209/2014).

No procedemento declarativo número 209/2014 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, ditouse sentenza o 18 de maio de 2015.

Conforme o sinalado no artigo 497 da Lei de axuizamento civil e na forma establecida na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, fíxase para os efectos de notificación o presente edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

E para que teña efectos de notificación da sentenza ao demandado José Luis Docampo Gabián, en ignorado paradoiro, publícase este edicto e faise saber que contra a resolución, cuxo texto íntegro poderá consultar o interesado na sección civil deste xulgado, pode interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días.

Expídese o presente para que sirva de cédula de notificación.

O Carballiño, 23 de decembro de 2015

O/a secretario/a xudicial