Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1350

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3457/2015).

Secretaria: Sra. Freire Corzo

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3457/2015-IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 694/2014. Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado/a: Fogasa

Recorridos: María del Carmen González Crujeiras, administración concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Pescados Juan Fernández, S.L.

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3457/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra María del Carmen González Crujeiras, administración concursal de Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Pescados Juan Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

María Isabel Freire Corzo

Na Coruña o 21 de decembro de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado do Estado en nome e representación de Fogasa únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de decembro de 2015

A letrada de la Administración de xustiza