Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 473/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 473/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Carlos Nieto Gestal contra Desguaces y Desmantelamientos, S.L., Fogasa, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 545/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: danos e perdas 473/2013.

Demandante: Carlos Nieto Gestal.

Letrada: Sra. Rodríguez Amoroso.

Demandados:

– Desguaces y Desmantelamientos, S.L.

– Fogasa.

Sentenza 545/2015.

A Coruña, 17 de decembro de 2015.

Decisión:

– Estimo a acción sobre responsabilidade civil –reclamación de danos e perdas– interposta por Carlos Nieto Gestal fronte á empresa Desguaces y Desmantelamientos, S.L., e condeno esta a aboarlle á parte demandante a cantidade de 4.794,02 euros polo accidente sufrido o 9.5.2012.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Desguaces y Desmantelamientos, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial