Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 483/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 483/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Pose Mata contra Volvoreta, S.A., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 625/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 483/2013.

Demandante: Eva Pose Mata.

Letrado: Sr. Sarandeses Rodríguez-Moret.

Demandados: Volvoreta, S.A., Fogasa.

Sentenza 625/2015.

A Coruña, 17 de setembro de 2015.

Decisión:

– Estimo a demanda formulada por Eva María Pose Mata fronte á empresa Volvoreta, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 925,21 euros a conta de liquidación de haberes e salarios debidos, así como a aboar o xuro de mora do 10 %. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Volvoreta, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial