Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1278

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (208/2015).

Eu, María Remedios Albert Beneyto, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 208/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lahcen Sahamoudi contra Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A. sobre ordinario, se ditaron as resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data do 9.7.2015 no procedemento ordinario (cantidade) seguido ante este xulgado co número de autos 37/2015 a favor da parte executante, Lahcen Sahamoudi, fronte a Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., partes executadas con carácter solidario por importe de 6.705,02 euros de principal (correspondendo 6.095,48 euros ao principal e 609,54 ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 670,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Galisec, S.L.U. e Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Lahcen Sahamoudi e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. 15703

Pontevedra, 21 de decembro de 2015

A secretaria xudicial