Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (209/2015).

María Remedios Albert Beneyto, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 209/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Moure Rodríguez contra José Luis Piay González sobre ordinario, se ditaron as resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

«Dispoño despachar orde xeral de execución da sentenza 338/2015 ditada con data do 29 de setembro de 2015 no procedemento ordinario (cantidade) seguida ante este xulgado co número de autos 48/2015 a favor da parte executante, José Manuel Moure Rodríguez, fronte a José Luis Piay González, parte executada, por importe de 5.855,30 euros de principal, correspondendo 5.323 euros á cantidade obxecto de condena e 532,30 euros ao xuro de demora procesual do 10 % e de 585,53 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a José Luis Piay González co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesan, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Piay González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de decembro de 2015

A secretaria xudicial