Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1274

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 623/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 623/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Codesal Bello contra a empresa Reformas Coruña-José Manuel Toba Pazos, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achegan:

«Sentenza.

A Coruña, 2 de decembro de 2015.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 623/2015, seguidos a instancia de Juan Carlos Codesal Bello, que comparece asistido polo letrado Sr. Grobas Blanco, contra a empresa Reformas Coruña-José Manuel Toba Pazos, que non comparece malia estar citado en legal forma, e o Fogasa, que comparecen representados polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decición.

Que considerando a demanda formulada por Juan Carlos Codesal Bello, que comparece asistido polo letrado Sr. Grobas Blanco, contra a empresa Reformas Coruña-José Manuel Toba Pazos, que non comparece malia estar citado en legal forma, e o Fogasa, que comparece representado polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 5.212,96 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Reformas Coruña-José Manuel Toba Pazos, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

A secretaria xudicial