Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (232/2013).

No xuízo verbal 232/2013, seguido por instancia de Jiz Arquitectura de Interiores y Publicidad, S.L. fronte a Raquel Robledo Fernández, ditouse Sentenza 65/2015, do 7 de abril, que, en extracto, dispón:

– Estimar integramente a demanda interposta por Jiz Arquitectura de Interiores y Publicidad, S.L.

– Condenar a Raquel Robledo Fernández a satisfacer á demandante a cantidade de 1.644,98 euros, máis xuros legais desde a interpelación xudicial e xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, con expresa imposición das custas causadas.

– Modo de impugnación: non cabe ningún recurso (artigo 455.1 da LAC).

E, encontrándose a dita demandada en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 20 de xullo de 2015

A secretaria xudicial