Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (362/2011).

No procedemento ordinario 362/2011, seguido por instancia de Garci Venta, S.L. fronte a Roberto Corbal Baña, ditouse Sentenza 177/2012, do 8 de novembro, que, en extracto, dispón:

– Estimar integramente a demanda interposta por Garci Venta, S.L.

– Condenar a Roberto Corbal Baña a satisfacer á anterior a cantidade de 8.347,40 euros, máis xuros legais desde a interpelación xudicial e xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, con expresa imposición das custas causadas.

– Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días, contado desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola D.A. 15ª da LOPX e logo de pagamento da taxa xudicial (artigos 2.e e 5.1.f da Lei 10/2012, do 20 de novembro).

E, encontrándose o dito demandado en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 17 de decembro de 2013

A secretaria xudicial