Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1270

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4479/2011 MDM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4479/2011

Xulgado de orixe/autos: demanda 814/2008 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrentes: José Carlos Leis Parada, Javier Pérez Sampedro, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, José Antonio Vigo Blanco, Maximino Albores Díaz, Ricardo Enrique Santone

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Recorrido: Edificaciones Orivan, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4479/2011 desta sección, seguido por instancia de José Carlos Leis Parada, Javier Pérez Sampedro, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, José Antonio Vigo Blanco, Maximino Albores Díaz e Ricardo Enrique Santone contra a empresa Edificaciones Orivan, S.L., o seu administrador concursal Diego Comendador Alonso e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditou o Tribunal Supremo sentenza de data 20 de xullo de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Estimamos o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto en nome e representación de Javier Pérez Sampedro, José Carlos Leis Parada, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, Antonio Vigo Blanco, Maximino Albores Díaz e Ricardo Enrique Santone contra a Sentenza de data 24 de febreiro de 2014, ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en recurso 4479/2011, pola cal se resolve o recurso de suplicación interposto polos agora recorrentes contra a Sentenza de data 19 de maio de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en autos 814/2008, seguidos por Javier Pérez Sampedro, José Carlos Leis Parada, Amado Ruiz Pargaray, Manuel Enrique Romero Millán, José Pérez García, Antonio Vigo Blanco, Maximino Albores Díaz e Ricardo Enrique Santone, fronte a Edificaciones Orivan, S.L., e Diego Comendador Alonso, na súa condición de administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade. Casamos e anulamos a referida sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, resolvendo o debate formulado en suplicación, estimamos o recurso de tal clase interposto no seu día polos demandantes, e condenamos o Fondo de Garantía Salarial ao aboamento das cantidades sinaladas na sentenza de instancia, aínda que cos límites previsto no artigo 33.1 do Estatuto dos traballadores e tendo en conta as sumas xa percibidas, tal como figuran no ordinal 7º da inmodificada declaración de feitos probados desa mesma resolución xudicial. Sen custas».

E, así mesmo, que con data 24 de setembro de 2015 ditou o Tribunal Supremo auto de aclaración cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A sala acorda: aclarar de oficio a sentenza ditada por esta sala con data 20 de xullo de 2015 no recurso de casación para a unificación de doutrina 1807/2014, rectificando o erro material manifesto relatado na fundamentación xurídica deste auto, no sentido de rectificar, no fundamento de dereito segundo, número 4, e na decisión, onde di: “ordinal 7º”, debe dicir: “ordinal 8º”».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Orivan, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza