Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (415/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 415/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Marcos Otero Blanco contra Maderas Ameijenda, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 543/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 415/2013.

Demandante: Marcos Otero Blanco.

Letrado: Sr. Nouche Ferreiro.

Demandado: Maderas Ameijenda, S.L.

Letrado: _

Fogasa.

A Coruña, 17 de setembro de 2015

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Marcos Otero Blanco fronte á empresa Maderas Ameijenda, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle á primeira a suma de 906,20 euros a conta de liquidación de haberes e salarios debidos, así como a aboar o xuro de mora do 10 %. O Fogasa deberá aterse á presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E, para que conste e sirva de notificación a Maderas Ameijenda, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial