Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (442/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 442/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mohamed Mouas contra Prevención Seguridad Integral, S.L.U., UTE Isolux-Corsan e Copcisa (UTE Lavacolla), con citación do Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza en data 14 de decembro de 2015 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza 375/2015.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 442/2012 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Mouas Mohamed, representado e asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra Prevencon Seguridad Integral, S.L.U., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citada María Visitación Gete Cruces, como administradora concursal de Prevencon Seguridad Integral, S.L.U., quen non compareceu ao xuízo oral; e contra UTE Isolux-Corsan e Copcisa (UTE Lavacolla), representada e asistida polo letrado Sr. Naceira Couceiro; e despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes.

Decisión:

Que desestimando integramente a demanda interposta por Mouas Mohamed contra Prevencon Seguridad Integral, S.L.U., María Visitación Gete Cruces, como administradora concursal de Prevencon Seguridad Integral, S.L.U. contra UTE Isolux-Corsan e Copcisa (UTE Lavacolla), e Fogasa, debo absolver e absolvo as demandadas de todas as peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Prevencon Seguridad Integral, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

A secretaria xudicial