Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1006

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3493/2013).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3493/2013-MJC

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 739/2011 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Sacyr, S.A.

Avogado: Jorge Martín Blanco

Recorridos: Fogasa, Construnor Estructuras, S.L., Grupo Construnor Estructuras, S.L., Cristovao Manuel da Silva Pinto, administración concursal Empresas Construnor (Carlos Manuel Paz Costas), administración concursal Empresas Construnor (Enrique Feáns García), administración concursal Empresas Construnor (entidad Novacaixagalicia)

Avogada: María Sol Romero Salgado

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 3493/2013 desta sala, seguido por instancia da entidade Sacyr, S.A. contra Fogasa, Construnor Estructuras, S.L., Grupo Construnor Estructuras, S.L., Cristovao Manuel da Silva Pinto, administración concursal Empresas Construnor (Carlos Manuel Paz Costas), administración concursal Empresas Construnor (Enrique Feáns García), administración concursal Empresas Construnor (entidade Novacaixagalicia), sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola empresa Sacyr, S.A.U. contra a Sentenza de data 7 de marzo de 2012 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela nos autos 739/2011, seguidos por instancia do demandante Critovao-Manuel da Silva Pinto contra as demandadas Grupo Costrunor Estructuras, S.L., Construnor, S.L., administración concursal Sacyr, S.A.U. e Fogasa, revogamos parcialmente a resolución impugnada e exoneramos a Sacyr, S.A.U. da condena solidaria exclusivamente polos conceptos indicados na fundamentación xurídica, que ascenden á cantidade total de 1.497,49 euros, absolvemos a citada empresa do pagamento do 10 % de xuros por mora e mantemos o resto dos pronunciamentos da decisión da sentenza contra a cal se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en forma a Grupo Construnor Estructuras, S.L. e a Construnor Estructuras, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza