Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1004

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3917/2013).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3917/2013 desta sección, seguido por instancia do Colegio Concepción Arenal, S.C.G., Silvia Faria Garabatos contra a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Martínez Randulfe, S.L., o Ministerio Fiscal, Rubén de Martín Díaz, Rosa María Pérez Cid, Samuel Saco Figueiras, Colegio Martínez Randulfe, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditou a Sala do Social do Tribunal Supremo, con data do 22.10.2015, a seguinte resolución:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado José Antonio Pérez Fernández, en nome e representación de Silvia Faria Garabatos, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 11 de febreiro de 2014, aclarada polo auto do 28 de marzo de 2014, no recurso de suplicación número 3917/2013, interposto por Silvia Faria Garabatos e o Colegio Concepción Arenal, S.C.G., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Ourense con data do 22 de abril de 2013, no procedemento 124/2013, seguido por instancia de Silvia Faria Garabatos contra o Colegio Concepción Arenal, S.C.G., Rubén de Martínez Díaz, Rosa María Pérez Cid, Samuel Saco Figueiras, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Colegio Martínez Radulfe, S.L. e Martínez Randulfe, S.L., sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Colegio Martínez Randulfe, S.L. e Martínez Randulfe, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza