Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1002

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3215/2015 MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3215/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 946/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorrido: José Lorenzo Martis Santamaría

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Recorridos: Trabajos Obras Y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., Limpiezas Secope, S.A. e NEM ORD

Casación en unificación de doutrina: 448/2015

Parte recorrente: Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dou fe e testemuño de que no procedemento de recurso de suplicación 3215/2015 desta sección, seguidos por instancia do Fondo de Garantía Salarial contra José Lorenzo Martís Santamaría, Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e Limpiezas Secope, S.A. e NEM ORD, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 16 de decembro de 2015.

O anterior escrito subscrito polo avogado do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, únese ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións. Téñense por efectuadas as manifestacións contidas nos outrosí digo do escrito. Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord, en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2015

Letrada da Administración de Xustiza