Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1000

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3595/2015 MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3595/2015 desta sección, seguido por instancia do Fondo de Garantía Salarial contra Rita María Parada Álvarez, a Admón. Concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), e Pescados Juan Fernández, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación

María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 16 de decembro de 2015.

O anterior escrito subscrito polo avogado do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, únese ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a sala do social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Téñense por efectuadas as manifestacións contidas nos outrosí digo do escrito.

Comuníquese ao Xulgado do Social nº dous de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

E, para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtaselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza