Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (998/2015).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 998/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dévora Romero Romero contra o Fondo de Garantía Salarial, Novo Pelamios, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Dévora Romero Romero contra a entidade Novo Pelamios, S.L. e, en consecuencia, debe absolverse a demandada de todo o pedido na súa contra, ao concorrer a excepción de caducidade da acción exercida.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

E, para que sirva de notificación en legal forma á empresa Novo Pelamios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial