Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 274/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 274/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 297/2015

Sobre despedimento

Demandante: María Dolores Rodríguez Facal

Demandados: Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 274/2015 deste xulgado do social, seguido a instancia de María Dolores Rodríguez Facal contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

Antecedentes de feito.

Único. María Dolores Rodríguez Facal presentou escrito solicitando a execución de sentenza 296/2015 ditada no DOI 297/2015 contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este Xulgado de lo Social número 1 de Santiago de Compostela examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de sentenza nº 296/2015 ditada no DOI 297/2015 concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e que se debe despachar esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e coa solicitude de execución presentada, a cantidade por que se despacha execución é de 9.681,12 euros e de 968,11 euros en concepto provisorio de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do artigo 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se producirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, se poderá incrementar o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprir na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído, no caso de execución monetaria, o aboamento dos xuros procesuais, se procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título ficou constituído ou, se for o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tiver solicitado, en aplicación do previsto no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, o secretario xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 296/2015, ditada no DOI 297/2015 a favor da parte executante, María Dolores Rodríguez Facal, contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), parte executada, por importe de 9.681,12 euros e de 968,11 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 indicando no campo do concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír logo da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.»

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. María Dolores Rodríguez Facal presentou demanda de execución de sentenza nº 296/2015 ditada no DOI 297/2015 contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Segundo. Con data do 26.11.2015 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 9.681,12 euros e de 968,11 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, realizada por decreto do 27.1.2015, ditado por Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non adoeza de ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, foi ditada por auto desta data, e é procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto sinalando as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e pódese ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, se for o caso. Por el, e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s, adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, dar audiencia previa á parte demandante María Dolores Rodríguez Facal e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “31 Social-Revisión de resolucións Secretario Xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír logo da conta referida, separados por un espazo coa indicación “Recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións Secretario Xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial