Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (60/2008).

Execución 60/2008

Procedemento de orixe: demanda 516/2007

Sobre: despedimento

Demandante: Jesús Manuel Vázquez Sabugueiro

Avogada: Cristina Goldar Soto

Demandados: Tellagal, S.C., Fondo de Garantía Salarial

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución 60/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Vázquez Sabugueiro contra Tellagal, S.C., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, tres de decembro de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Jesús Manuel Vázquez Sabugueiro presentou demanda de execución fronte a Tellagal, S.C., Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto de acumulación en data 15 de xullo de 2008 polo que acorda continuar despacho de execución por un total de 32.815,27 euros en concepto de principal (2.984,17 euros de indemnización + 29.831,10 euros de salarios de tramitación) + 300 euros de sanción pecuniaria máis 3.281,53 euros de xuros, gastos e custas.

Terceiro. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 10.305,90 euros, despois de reducirse o principal reclamado á suma de 22.509,37 euros de principal (2.046,97 euros de indemnización + 20.462,40 euros de salarios) e 3.281,53 euros en concepto de xuros e custas e 300 euros de sanción pecuniaria imposta en sentenza. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Tellegal, S.C. Alfonso Fernández Orosa en situación de insolvencia parcial por importe de 22.509,37 euros de principal (2.046,97 euros de indemnización + 20.462,40 euros de salarios) e 3.281,53 euros en concepto de xuros e custas e 300 euros de sanción pecuniaria imposta en sentenza, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguido do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que lle sirva de notificación para os efectos informativos da insolvencia de Alfonso Fernandez Oroso expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015

A secretaria xudicial