Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 400

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (950/2010).

Nos autos de divorcio contencioso número 950/2010, seguidos por instancia da procuradora Amparo Cagiao Rivas, en nome e representación de María del Carmen Tenreiro Amigo, contra Jesús Manuel Regueiro Martínez, foi pronunciada, con data doce de decembro de dous mil once, sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza: 00160/2011.

Procedemento: divorcio contencioso nº 950/2010.

En nome do rei.

Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, pronunciou a seguinte

«Sentenza.

Betanzos, 12 de decembro de 2011.

Vistos por Nuria Fachal Noguer, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo de divorcio contencioso 950/2010, no cal son partes, ademais do Ministerio Fiscal, a demandante María del Carmen Tenreiro Amigo, representada pola procuradora Sra. Cagiao Rivas e asistida polo letrado Sr. Sánchez Presedo, e o demandado Jesús Manuel Regueiro Martínez, en situación de rebeldía procesual.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta por María del Carmen Tenreiro Amigo, representada pola procuradora Sra. Cagiao Rivas e asistida polo letrado Sr. Sánchez Presedo, contra o demandado Jesús Manuel Regueiro Martínez, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro o divorcio do matrimonio canónico con efectos civís celebrado o día 30 de xuño de 1990 en Pontedeume entre María del Carmen Tenreiro Amigo e Jesús Manuel Regueiro Martínez.

Acórdanse as seguintes medidas:

– Atribuír á nai da garda e custodia da filla menor, con patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

– Non fixar réxime de visita a favor do proxenitor non custodio.

– Fixar dunha pensión alimenticia equivalente ao 25 % das retribucións mensuais netas que perciba Jesús Manuel Regueiro Martínez, que se ingresará na conta que designe a esposa dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que se actualizará conforme as variacións do IPC, máis a metade dos gastos extraordinarios da menor.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interporse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe, cando celebraba audiencia pública no día da súa data, ante min, a secretaria. Dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Jesús Manuel Regueiro Martínez, expídese este edicto.

Betanzos, 2 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza