Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 398

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (953/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que no presente procedemento de separación 953/2014, se ditou a seguinte sentenza:

En Vigo, 9 de decembro de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 953/2014, sobre separación matrimonial contenciosa, en que actuou como demandante Hermosinda Costas Otero, representada polo procurador dos tribunais Jorge Suárez Garayo e con asistencia letrada de Mónica López González, contra Ramón Mera Vázquez, declarado en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Suárez Garayo, en nome e representación de Hermosinda Costas Otero, contra Ramón Mera Vázquez, declarado en situación de rebeldía procesual, decreto a separación xudicial do referido matrimonio, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Non procede recoñecer pensión compensatoria a favor da Sra. Costas Otero.

Non se fai expresa imposición de custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E para que conste e para a súa notificación a Ramón Mera Vázquez, expido e asino este edicto.

Vigo, 10 de decembro de 2015

A secretaria