Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 397

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (627/2013).

Eu, Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Zurich e Adrián Santos Noble, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 26/2014.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2014.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo verbal 589/2013, promovidos polo Consorcio de Compensación de Seguros, representado e defendido pola letrada do Estado Sra. Gómez Andrés, contra Adrián Santos Noble, en situación de rebeldía procesual, e Zurich Insurance PLC, sucursal en España, representada pola procuradora Sra. Giménez Campos, e baixo a dirección técnica do letrado Sr. Del Río Varela, sobre reclamación de cantidade derivada de accidente de circulación.

Resolvo:

Que desestimo a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Adrián Santos Noble e Zurich Insurance PLC, sucursal en España, e absolvo a Adrián Santos Noble e Zurich Insurance PLC, sucursal en España, de todas e cada unha das pretensións dirixidas contra eles.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes e advírtase de que contra ela non cabe recurso de apelación.

E ao estar o dito demandado, Adrián Santos Noble, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma».

Pontevedra, 14 de outubro de 2015

A secretaria xudicial