Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 394

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (281/2014).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 281/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1181/2012 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Jorge Román Martínez

Recorrido: Compañía Ibérica de Granitos, S.A.

Recorrido: Mutua Asepeyo

Recorrido: Clínica Médica y Laboratorio, S.L.

Recorrido: Caser

Recorrido: Sociedad de Prevención de Asepeyo, S.L.

Recorrido: Zurich España Cía. Seguros

Recorrido: Granitos Grisrosa, S.L.

Recorrido: Seguros Catalana Occidente, S.A.

Recorrido: Canteras Vilafría, S.L.

Recorrido: Allianz Global Corporate & Speciality

Recorrido: SGS Tecnos, S.A.

Recorrido: Francisco Lemos Romero, S.L.

Recorrido: Lemos Romero, S.L.

Recorrido: Helvetia Previsión, S.A.

Recorrido: Luis Fernández Fernández

Recorrido: Manuel Martínez González

Recorrido: Esteban Oliveira González

Recorrido: Mapfre Empresas Cía. Seguros

Recorrido: Mutual General de Seguros

Recorrido: Allianz Cía. Seguros y Reaseguros

Recorrido: Graniatios, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 281/2014 desta sección, seguido por instancia de Jorge Román Martínez contra Lemos Romero, S.L.; Francisco Lemos Romero, S.L.; Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.; Caser, Seguros Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros; Compañía Ibérica de Granitos, S.A.; Canteras Vilafría, S.L.; Clínica Médica y Laboratorio, S.L.; Mutua Asepeyo; Luis Fernández Fernández; Mutua General de Seguros; Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.; Zurich España, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.; SGS Tecnos, S.A.; Sociedad de Prevención de Asepeyo, S.L.; Allianz Global Corporate & Specialty AG; Manuel Martínez González; Esteban Oliveira González; Granitos Grisrosa, S.L.; Helvetia Previsión, Sdad. Anónima de Seguros y Reaseguros; Graniatios, S.L. e Gravas de Atios, S.A., sobre recarga de accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Resolvemos:

Que con desestimación do recurso interposto por Jorge Román Martínez, confirmamos a sentenza que con data do 12.7.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveron todos os demandados.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Clínica Médica y Laboratorio, S.L., a Luis Fernández Fernández, Esteban Oliveira González e Emilio de la Cuesta Mediero, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza