Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 392

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3655/2015).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3655/2015 desta sección, seguido por instancia de Fondo de Garantía Salarial contra María Dolores Chenlo Fernández, José Antonio Riveiro Codesido y otro, S.C., Mario Riveiro Codesido e Mónica Riveiro Codesido, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 14 de decembro de 2015.

Únese o anterior escrito, presentado o 11 de decembro de 2015 e subscrito polo avogado do Estado en nome e representación do Fogasa, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada Sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Remítase edicto ao Diario Oficial de Galicia para o emprazamento de José Antonio Riveiro Codesido y otro, S.C.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Riveiro Codesido y otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza