Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (815/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 815/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Germán Castro Sánchez contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., administrador concursal de Construcciones José Carro, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución se xuntan:

A Coruña, 15 de decembro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, unha vez vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 815/2013, en que foron parte, dun lado como demandante, Germán Castro Sánchez, con DNI 32430967-R, representado pola letrada Belén Pousada Vales e, como demandado, Construcciones José Carro, S.A., que non comparece malia estar citado en legal forma, administrador concursal de Construcciones José Carro, S.A., que non comparece malia estar citado en legal forma, e o Fogasa, representado polo letrado Alejandro Crespí Rodríguez, sobre reclamación de indemnización, pronunciou, no nome do rei, a seguinte sentenza.

Que, estimando en parte a demanda interposta por Germán Castro Sánchez contra Fogasa e Construcciones José Carro, S.A., en situación de concurso, debo condenar a empresa a que lle aboe ao demandante 1.299,53 € máis os xuros que correspondan, con absolución do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones José Carro, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de decembro de 2015

A secretaria xudicial