Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 60

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (1586/2014 MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1586/2014 MRA

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 213/2013 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: Ana María Moreno Lugrís

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Justo Costas Quintas, Jesús Bargiela Costas

Avogado: Serv. Xurídico Seg. Social, F. Xabier Maañón Laxe

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

María Socorrro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza, Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 1586/2014 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Justo Costas Quintas, Jesús Bargiela Costas, sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte resolución:

«Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto en nome da Mutua Gallega-Mutua de AT e EP nº 201, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 9 de xaneiro de 2014, en autos 213/2013, e, en consecuencia, confirmamos a indicada sentenza impugnada. Condénase en custas a recorrente, incluíndo o pagamento dos honorarios do letrado impugnante en contía de 550 €.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta T.S.X. de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Jesús Bargiela Costas, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza