Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 58

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2619/2014 CRS).

Número de recurso: RSU recurso de suplicación 2619/2014 CRS

Xulgado de orixe/autos: demanda 315/2010 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorrido: Mª Luisa Parcero Rosende

Avogada: Elena Moreira Agra

Procurador: Juan Antonio Garrido Pardo

Recorrido: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: letrado da Seguridade Social

Recorrida: Mª Gloria Núñez González

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2619/2014 desta sección, seguido por instancia de Mª Luisa Parcero Rosende contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mª Gloria Núñez González, sobre incapacidade permanente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos. Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do INSS contra a sentenza de data 27 de setembro do ano dous mil trece, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Santiago, en proceso promovido por María Gloria Núñez González fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mª Gloria Núñez González, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza