Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 62

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (189/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 189/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L., sobre seguridade social, ditouse a resolución en cuxa parte dispositiva se acorda:

a) Declarar o executado Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L. en situación de insolvencia por importe de 995,22 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos e Inversiones Gómez Ramiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de decembro de 2015

A secretaria xudicial