Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 63

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO de aclaración de sentenza (PO 381/2014).

Procedemento ordinario 381/2014

Procedemento orixe: –.

Sobre ordinario: –.

Demandante: María José Santamaría Sampedro

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandada: Central de Contratación Electrónica, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 381/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Santamaría Sampedro contra Central de Contratación Electrónica, S.L., foi ditada a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Susana Villarino Moure.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015.

Antecedentes de feito.

Único. A parte demandante presentou escrito solicitando a corrección dun erro material de transcrición na parte dispositiva da sentenza onde se indica que a estimación da demanda é parcial cando realmente é total.

Fundamentos xurídicos.

Único. Da lectura da sentenza dedúcese que, efectivamente, foron estimadas as pretensións da demandante na súa integridade, despois de incorporarse na disposición a dicción «parcialmente» por un mero erro de transcrición que procede emendar segundo o teor do disposto no artigo 214.3 da LAC, de aplicación supletoria.

Parte dispositiva.

Rectifico a sentenza pronunciada nos presentes autos, de forma que debe suprimirse da parte dispositiva da sentenza a dicción «parcialmente».

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso, sen prexuízo dos que poidan interpor contra a resolución rectificada.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas para a súa incorporación coa sentenza rectificada e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Central de Contratación Electrónica, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial