Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49649

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (484/2014).

Divorcio contencioso 484/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Antonio López González

Procuradora: Laura Lorenzo Arceo

Avogado: José Costa Castro

Demandada: Sonia González González

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ribeira o 19 de maio de 2015.

Vistos por min Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do divorcio contencioso número 484/2014, promovido pola procuradora Laura Lorenzo, en nome e representación de Antonio López González, e asistido polo letrado José Costa Castro, contra a demandada Sonia González González, quen está declarada en rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal na persoa de Ana Mª Robles Rey, en defensa dos intereses das menores Zoe e Sonia.

Decido que, estimando a demanda interposta por Antonio López González contra Sonia González González, debo declarar e declaro o divorcio do matrimonio celebrado entre Antonio López González e Sonia González González, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas, e acordo as medidas que se transcriben a continuación:

1. A atribución da garda e custodia das menores á nai, sendo a patria potestade exercida conxuntamente.

2. Un réxime de visitas do pai ás súas fillas cando as menores se encontren en Galicia, dun mes de estancia co pai no verán e unha semana en Nadal, así como un réxime de comunicación entre pai e fillas de, polo menos, unha vez por semana.

No suposto de que volvan residir a Galicia, acórdase un réxime estándar de fins de semana alternos sábados e domingos de 16.00 a 20.00 horas.

Este réxime dependerá da vontade das menores, dada a idade destas.

3. A obriga de José Manuel de aboar, en concepto de pensión por alimentos, a cantidade de 125 € mensuais por cada filla, que serán aboados por meses anticipados e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que se designe, cantidade que será actualizada anualmente segundo o índice que estableza o Instituto Nacional de Estatística, ou organismo que o substitúa, máis a metade dos gastos extraordinarios que sexan necesarios, xustificados, imprevisibles e non periódicos para a educación ou saúde de Zoe e Sonia e non se encontren estes últimos cubertos pola Seguridade Social ou seguro médico.

4. O uso da vivenda familiar atribúese ao demandante.

Queda disolto o réxime económico matrimonial.

Firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde estea inscrito o matrimonio.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Sonia González González, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ribeira, 20 de maio de 2015

O/a secretario/a xudicial