Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49647

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1380/2014-CL).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente edicto

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Beatriz Abalo Fernández fronte a Nicolás Rafael Almanza Mespiaseguy se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 747.

En Vigo o catro de decembro de dous mil quince.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1380/2014 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Beatriz Abalo Fernández, representada pola procuradora dos tribunais Celsa Muñoz Leira e con asistencia letrada de Esther Sánchez de Cueto Losada, contra Nicolás Rafael Almanza Mespiaseguy, declarado en situación de rebeldía procesual, de acordo cos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Muñoz Leira, en nome e representación de Beatriz Abalo Fernández, contra Nicolás Rafael Almanza Mespiaseguy, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Atribúeselle o uso da vivenda familiar á Sra. Abalo Fernández.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Comuníqueselle esta resolución ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Así, por esta miña sentenza da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, mando e asino.

Encontrándose o dito demandado, Nicolás Rafael Almanza Mespiaseguy, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 9 de decembro de 2015

A secretaria xudicial