Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49645

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo procedemento regulamentario, de varios postos de supervisor/a de unidade do Hospital Virxe da Xunqueira.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG número 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG número 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG número 39, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada da Coruña

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento regulamentario, varios postos de supervisor/a de unidade que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital Virxe da Xunqueira), na páxina web do Sergas (www.sergas.es) e no «Espazo do profesional».

As solicitudes e a documentación anexa que conteñan a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro do Hospital Virxe da Xunqueira (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 7,15270 Cee, A Coruña), dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de decembro de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Unidade

Denominación da praza

Nº prazas

Hospitalización A e Paritorio

Supervisor/a da Unidade de Hospitalización A e Paritorio do

Hospital Virxe da Xunqueira

1

Urxencias, Radioloxía e

Laboratorio

Supervisor/a da Unidade de Urxencias, Radioloxía e Laboratorio do Hospital Virxe da Xunqueira

1

Farmacia, Formación e

Calidade

Supervisor/a da Unidad de Farmacia, Formación e Calidade do Hospital Virxe da Xunqueira

1

Hospitalización B

Supervisor/a da Unidade de Hospitalización B do Hospital Virxe da Xunqueira

1