Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (820/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 820/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celestino Alvite Alvite contra a empresa Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución se xuntan:

«Na Coruña o 4 de decembro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 820/2013 en que son parte, dun lado como demandante Celestino Alvite Alvite, representado pola letrada Elga Abuín Castro, e como demandado Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta polo actor Celestino Alvite Alvite, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.877,95 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de decembro de 2015

A secretaria xudicial