Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (459/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 459/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Queiro Mariño contra Union Business Factories, S.L., Trece Noventa y Siete, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos número 459/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Ana Belén Queiro Mariño, asistida polo letrado Xavier Castro Martínez, contra Union Business Factories, S.L., Trece Noventa y Siete, S.L., administración concursal de Union Business Factories, que non comparecen, logo de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno solidariamente a Union Business Factories, S.L. e Trece Noventa y Siete, S.L. a pagar a Ana Belén Queiro Mariño 1.710,89 euros, cantidade que se incrementará co xuro dos artigos 1100 e seguintes do Código civil. Condeno a administración concursal de Union Business Factories, S.L. a avirse a esta resolución, na súa condición de tal, e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Union Business Factories, S.L. e Trece Noventa y Siete, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial