Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (348/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 348/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduarda Filipa Paiva de Moura contra Recuncho Portugués, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos número 348/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Eduarda Filipa Paiva de Moura, asistido e representado polo letrado Víctor Andrés García Dopico, contra Recuncho Portugués, S.C., que non comparece, logo de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Resolución.

Apreciada unha indebida acumulación de accións entre a reclamación de salarios e de prestacións de IT devindicadas desde o 10 de abril de 2013, teño por efectuada a opción pola acción de reclamación salarial, sen prexuízo do dereito da parte demandante a formular a pretensión de reclamación de prestación de IT por separado.

Que debo estimar e estimo parcialmente a acción de reclamación salarial e, en consecuencia, condeno a Recuncho Portugués, S.C. a pagar a Eduarda Filipa Paiva de Moura 1.350,79 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Recuncho Portugués, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial