Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (187/2015).

ETX. Execución de títulos xudiciais 187/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 960/2011

Sobre ordinario

Demandantes: Arriva Noroeste, S.L., Arriva Internacional Limited

Avogado: Daniel Alvariño Heras

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva

Demandado: Rafael Sánchez Sostre

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 187/2015, por instancia de Arriva Noroeste, S.L., Arriva Internacional Limited, Sucursal España, contra o executado Rafael Sánchez Sostre, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 7 de decembro de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, por importe de 97.366,57 euros de principal máis 9.736,65 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza