Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1105/2013).

PO procedemento ordinario 1105/2013

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Cruz Isabel Sosa Redco

Avogado: Torcuato Pablo Labella Lozano

Demandados: Fogasa, José Guerra Neu

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1105/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cruz Isabel Sosa Redco contra José Guerra Neu, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

En Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 1105/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Cruz Isabel Sosa Redco, asistida polo letrado Torcuato Labella Lozano contra José Guerra Neu, que non comparece e contra o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e en consecuencia condeno a José Guerra Neu a pagarlle á demandante 687,93 euros, dos cales devindicará o xuro do artigo 29.3 do ET a suma de 569,32 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Guerra Neu, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taoleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial