Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48180

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (131/2015).

Cédula de notificación

Eu, Damián Vega de las Heras, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín, polo presente edicto anuncio que no procedemento de divorcio número 131/2015 seguido por instancia de Sonia Camesella Guerrero fronte a Jean Charles Gaston Borel ditouse sentenza baixo o número 99/2015, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Estímase a demanda interposta pola procuradora Lucía Taboada González, en nome e representación de Sonia Camesella Guerrero e, en consecuencia:

Decrétase a disolución por causa de divorcio do matrimonio entre Sonia Camesella Guerrero e Jean Charles Gaston Borel con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Atribúese en exclusiva a Sonia Camesella Guerrero a garda e custodia da súa filla Oriane Isabelle Sara Borel. A patria potestade exercerase conxuntamente por ambos os dous pais.

Establécese un réxime de visitas a favor do pai, sempre en defecto de acordo ao o cal poidan chegar os proxenitores, consistente en que o pai poderá estar en compañía e visitar a súa filla en España, no domicilio en que esta se encontre coa nai, cando as súas ocupacións así llelo permitan, non interfira o normal desenvolvemento da vida diaria da menor e non interrompa as súas obrigas escolares e educativas ou actividades extraescolares, avisando con antelación abonda e recollendo e entregando a nena á nai no seu domicilio, sen que en ningún caso poida pasar a noite fóra do domicilio materno nin saír do territorio español sen coñecemento nin autorización da nai.

O pai deberá, en concepto de pensión de alimentos a favor da menor para contribuír ao seu sostemento, aboar a cantidade de 200 euros mensuais, que deberán ser aboados por meses anticipados e dentro dos 10 primeiros días de cada mes na conta que para o efecto designe a nai. Esta contía actualizarase anualmente conforme o IPC que publique o INE ou organismo que o substitúa.

Respecto dos gastos extraordinarios que xere a saúde ou educación da nena que teñan carácter necesario e non estean cubertos polo sistema público sanitario ou docente, deberán ser aboados por metade por ambos os dous proxenitores, logo de representación de recibo acreditativo do desembolso efectuado.

Atribúese o uso e desfrute do que viña sendo o domicilio familiar á nai e á filla, conxuntamente co mobiliario e enxoval doméstico, atribúese ao pai o uso e desfrute do vehículo Citroën Xsara, matrícula 0526DFN.

Non se fai imposición de custas.

Comuníquese esta resolución ao Rexistro Civil en que consta inscrito o matrimonio para a práctica dos asentos que correspondan.

Lévese testemuño desta resolución aos autos principais, deixando o orixinal no libro correspondente.

Esta resolución non é firme, contra ela poden interpoñer as partes, no prazo de 20 días desde a notificación da sentenza, recurso de apelación, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Ourense.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Jean Charles Gaston Borel, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Verín, 3 de decembro de 2015

O secretario xudicial