Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48178

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3457/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3457/2015 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 694/2014 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorridos: María del Carmen González Crujeiras, administración concursal de Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Pescados Juan Fernández, S.L.

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3457/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra María del Carmen González Crujeiras, administración concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Pescados Juan Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación:

María Isabel Freire Corzo.

A Coruña o dous de decembro de dous mil quince.

O anterior escrito presentado polo avogado do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Outrosí digo que se expidan os testemuños solicitados, con expresión da súa firmeza, que se unirán á peza separada do RCUD unha vez que se presente o escrito de interposición.

Notifíquese o presente a Pescados Juan Fernández, S.A. por medio de edictos que se publicarán no DOG.

Así mesmo, comunícase á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpoñer o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte obxecto de recurso poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza